O alumnado do 1º ciclo realizou estas coloridas flores a partires dos ocos das oveiras de cartón. Unha vez recortado cada oco en forma de corazón píntase con témpera de cores. O talo pode ser un pau de pincho tamén pintado con témpera de cor verde. Logo, colocámolas nun vaso transparente, no que introducimos plastilina de cores para espetar os talos. Para facer un acabado máis colorido introducimos boliñas de cores gelatinosas. Un traballo plástico sinxelo e resulta moi vistoso.
Mostrando entradas con la etiqueta FLORES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FLORES. Mostrar todas las entradas
martes, 28 de junio de 2011
sábado, 1 de mayo de 2010
FLORES DE PLASTILINA
A partires de cadrados de plastilina branca dobrados en esquina, obtemos estas fermosas calas, ás que engadimos un churro de platilina amarela no interior, vernizamos e colocamos un pau recuberto de cinta adhesiva verde.
Para as rosas precisamos rectangulos de plastilina que imos enrolando sobre si mesmos.
FLORES DE PAPEL
Estas fermosas flores foron elaboradas, no primeiro caso no 3º ciclo a partires de papiroflexia cun vídeo explicativo: o material que precisamos cadrados de folios de cores, un pau de pincho e cinta verde adhesiva para recubrilo. A segunda fotografía recolle unhas margaridas moi sinxelas de realizar, a partires de papel pinocho.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)