martes, 28 de junio de 2011

FLORES CON OVEIRAS

O alumnado do 1º ciclo realizou estas coloridas flores a partires dos ocos das oveiras de cartón. Unha vez recortado cada oco en forma de corazón píntase con témpera de cores. O talo pode ser un pau de pincho tamén pintado con témpera de cor verde. Logo, colocámolas nun vaso transparente, no que introducimos plastilina de cores para espetar os talos. Para facer un acabado máis colorido introducimos boliñas de cores gelatinosas. Un traballo plástico sinxelo e resulta moi vistoso.







No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada