sábado, 1 de mayo de 2010

FLORES DE PAPEL

Estas fermosas flores foron elaboradas, no primeiro caso no 3º ciclo a partires de papiroflexia cun vídeo explicativo: o material que precisamos cadrados de folios de cores, un pau de pincho e cinta verde adhesiva para recubrilo. A segunda fotografía recolle unhas margaridas moi sinxelas de realizar, a partires de papel pinocho.

CORES

Esta actividade foi realizada gradualmente dende o primeiro ata o terceiro ciclo. As dúas primeiras fichas son máis sinxelas. Introducimos no primeiro ciclo ou recordamos - nos cursos máis altos- as cores primarias e secundarias, para pasar no terceiro ciclo ao círculo cromático.

ANIMAIS

Outra actividade que realizamos a miúdo consiste en imitar deseños, guiados polos vídeos atopados no seguinte enderezo electrónico (http://www.pioho.com/index.html).


domingo, 4 de abril de 2010

DEBUXAMOS

O alumnado do primeiro ciclo a partires de vídeos que aparecen no seguinte enderezo electrónico (http://www.pioho.com/index.html), realizaron estes simpáticos debuxos. Os pequenos artistas quedaron máis que satisfeitos dos resultados obtidos.

MARCAPÁXINAS

O alumnado do primeiro ciclo, trala lectura do conto O coelliño branco, da Ed. Kalandraka e a posterior realización de actividades JavaClic sobre o mesmo, elaborou estes marcapáxinas.

NO FONDO DO MAR

Esta actividade foi levada a cabo co alumnado do primeiro ciclo. Mediante a técnica de estampado con esponxa, sobre cartolina branca, pintouse o fondo mariño, empregando distintas tonalidades de azul. Os animais mariños pintáronse con rotulador.
Presentacion Mar

domingo, 7 de febrero de 2010

MORCEGOS DE GOMAEVA

Para o Samaín elaboráronse simpáticos morcegos feitos de gomaeva de cores. O alumnado emprega plantillas para recortar as distintas pezas. Os ollos foron mercados e teñen movemento.