O alumando do 1º ciclo recolle refráns relacionados coas castañas, ourizos...e escríbeos sobre simpáticas castañas coloreadas.
martes, 28 de junio de 2011
IDEAS PARA NADAL
Postais, murais, representacións portal de Belén, árbore feito coas pegadas de todo o alumnado dende os máis peques ata os maiores
FLORES CON OVEIRAS
O alumnado do 1º ciclo realizou estas coloridas flores a partires dos ocos das oveiras de cartón. Unha vez recortado cada oco en forma de corazón píntase con témpera de cores. O talo pode ser un pau de pincho tamén pintado con témpera de cor verde. Logo, colocámolas nun vaso transparente, no que introducimos plastilina de cores para espetar os talos. Para facer un acabado máis colorido introducimos boliñas de cores gelatinosas. Un traballo plástico sinxelo e resulta moi vistoso.
domingo, 7 de noviembre de 2010
CARACOLES DE PLASTILINA
O alumnado do 1º ciclo realizou estes fermosos caracoles en plastilina. Para un acabado máis brillante, déuselle unha capa de alkil.
sábado, 1 de mayo de 2010
POEMAR
Introducimos versos nalgúns motivos relacionados cos fondos mariños, e que nos serven de eixo temático con actividades que se están levando a cabo dende a biblioteca. Versos de autores coñecidos que o alumnado traballou con anterioridade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)